Blogia
vgomez

FELICIDADES NURIA

FELICIDADES NURIA

Onte, 22 de xullo de 2009, foi un día moi intenso. NURIA GÓMEZ FERNÁNDEZ, Licenciada en Bioloxía, opción  Molecular, despois dun duro  traballo doutros de 5 anos de Doutoramento (con dúas etapas: DEA ou Diploma de Estudos Avanzados e TESE), defendeu finalmente a súa TESE DOUTORAL: "Genes de susceptibilidad al cáncer colorectal hereditario: Análisis en familias gallegas con poliposis colónica y sospecha de síndome de Lynch".

A tese foi dirixida polo Doutor Angel Carracedo Álvarez (Catedrático de Mediciña Legal da Facultade de Mediciña de Santiago e a Doutora Clara Ruíz Ponte, adxunta da Fundación Pública Galega de Mediciña Xenómica.

O acto celebrouse no Salón de Grados, da Facultade de Mediciña da Universidade de Santiago de Compostela.

Despois da deliberación do tribunal a cualificación foi de SOBRESALIENTE  CUM LAUDE (máximo grado académico universitario en doctoramento).

Tes que sentirte orgullosa, doutora, do acadado na etapa de estudante universitiria e de investigadora, como todos os da túa familia, entre os que estou eu, o teu pai.

As miñas felicidades!

VÍCTOR

0 comentarios