E POR QUE?
Imaxe de Galiciasuroeste.info 30/07/2009
Tiven hoxe coñecemento do incendio dun dos Observatorios Ornitolóxicos, o coñecido como o da Regueira Ancha, que ao parecer sucedeu onte sobre as 18 horas e que practicamente o estragou.
Este xunto co resto de observatorios foron inagurados por ANABAM o 10 de abril de 1988, é dicir levan 21 anos servindo de plataforma para a observación de diferentes especies de aves dun xeito respectuoso coa natureza.
Dende aquí, a nosa solidaridade con ANABAM, que sempre colaborou co IES e persoalmente co departamento de Bioloxía-Xeoloxía ao que pertenzo.
Non atopo explicación a esta acción, de todo deplorable, que vai en detrimento do coñecemento da ornitoloxía do noso esteiro.
0 comentarios