PROXECTO ODONATA
ANABAM (Organización Naturista do Baixo Miño) acaba de por en marxa o denominado Proxecto Odonata, que ten como meta tratar de inventariar e estudar tanto as libeliñas como os gaiteiros así como a súa área de distribución.
Para diferenciar unha libeliña dun gaiteiro séguese esta norma:
LIBELIÑA: Cando se pousa as ás as mantén estendidas exteriormente, facendo unha especie de cruz formada por estas e o resto do corpo.
GAITEIRO: Cando se pousa mantén as ás na mesma dirección do corpo.
As persoas que desexen colaborar neste traballo (poñerse en contacto con ANABAM), precisarán dunha cámara fotográfica, paciencia, e, por suposto, visitar os regatos, ríos, acequias, etc. da comarca co fin de recoller a información dos cabaliños do demo.
Unha das persoas que colaboran é Laura lago, profesora que foi o curso pasado do noso Centro, impartindo Lingua Castela e Literatura, que é unha gran fotógrafa. Se queres ver algunha das súas fotografías pincha en PROXECTO ODONATA
Fonte: ANABAM
0 comentarios