ANTES DE COLGAR A TÚA IMAXE EN INTERNET ... PÉNSAO!
No curso pasado no noso centro, ao igual que en moitos máis, tivemos algún que outro problema por colgar imaxes en internet non desexadas. Lamentablemente e con moita facilidade, cada día son máis os rapaces e rapazas que, nas denominadas redes sociais, colgan e intercambian fotografías, fundamentalmente, aínda que tamén comentarios e outros contidos. Hoxe existen multitude de programas para acceder a eses contidos sen ter que ter o visto e prace do titular, pero na maioría dos casos son os mesmos amigos-as os que poden manimupular esas fotografías ou contidos, pois forman parte do grupo.
Daquela, refírome ao curso pasado, viñeran especialistas da Garda Civil, para alertarnos deses perigos e incluso advertirnos que podiamos caer nalgún delito. Pero seguimos nas mesmas, non somos conscientes no que nos movemos. Internet é algo fantástico, pero tamén é un mundo escuro onde hai xente desamprensiva.
Este vídeo forma parte dunha campaña patrocinada polo Defensor do Menor, Telefónica e a Obra Social Caixa Madrid, para fomentar a responsabilidade dos adolescentes ao colgar imaxes na rede.
Para a póxima pénsao!
0 comentarios