CHARLAS: ACOSO ESCOLAR E INTERNET

O día 28 de xaneiro terán lugar,no noso IES, as charlas informativas que forman parte do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR, proposto pola Consellería de Educación e da Garda Civil de Pontevedra.
Abordaranse dous temas que preocupan especialmente na actualidade, por unha parte o problema do ACOSO ESCOLAR e por outra INTERNET E OS PROBLEMAS DERIVADOS DO SEU MAL USO.
O horario desta actividade será de 9,10 a 11,05, para os alumnos de 1º e 2º de ESO e de3 11,05 a 13,10 para 3º e 4º de ESO e PCPI.
A partir das sete e media da tarde trataranse os mesmos temas pero dirixidos a pais, nais e profesorado. Poderán asistir as persoas que o desexen. Esta última parte da actividade está aberta tamén para as familias do alumnado dos demais centros educativos da vila.
Todas estas charlas serán impartidas por persoal especializado da Garda Civil e son organizadas polo Grupo de Dinamización da Convivencia e a Dirección do noso IES, sendo o segundo ano que se leva a cabo.
Lembra que neste blog tes un enlace sobre o tema de acoso escolar ANTI-BULLYNG ou ben pinchando en http://www.acosoescolar.info/index.htm
0 comentarios