EDUCACIÓN VIAL - SECUNDARIA
Na Educación Secundaria Obrigatoria os obxectivos da Educación Vial pretenden profundizar no estudo do entorno e inculcar aos alumnos-as o sentido da responsabilidade. Nun primeiro momento referido á conducción de bicicletas e ciclomotores, para inicialos, posteriormente, na aprendizaxe das normas, sinais e consellos relativos a súa conducción, xa que non se debe olvidar que os mozos-as desta etapa son usuarios habituais destes vehículos.Tamén se traballará no coñecemento das primeiras medidas a practicar en caso de accidente.
O tratamento é interdisciplinar, abarcando as diferentes áreas desta etapa, prestando especial atención a: "Educación para a cidadanía e os dereitos humanos", "Educación ético-cívica" e incluso "Actividades Complementarias-ACES".
Para axudarvos a adquirir estes obxectivos poñemos á vosa disposición esta ferramenta, este material interactivo, que a DGT (Dirección General de Tráfico) dispón:
É un espazo para combinar o real co virtual, a información coa aplicación, a diversión coa seguridade. Unha vía para desprazarte pola información que precises cando e como ti decidas, coas múltiples posibilidades, tanto de acceso como de encontro, e o mellor, sen distancias.
Pincha, aprende e divírtete!
0 comentarios