HUMOR: POLISEMIA

A polisemia é o fenómeno semántico en que unha palabra posúe varios significados. Eso é o que lle sucede a palabra GRAVAR:
1: Marcar ou debuxar algo nunha superficie por medio de cortes, presión ou reacción química. 2: Impresionar sinais, datos, imaxes ou sons sobre un soporte magnético, para poder ser reproducidos despois. 3: Fixar algo na mente ou no ánimo, como un recordo, un sentimento ou unha idea. 4: Cargar a alguén cun imposto. 5: Impoñen un gravame, especialmente sobre unha propiedade.
Esta situación recollea moi ben O Carrabouxo na súa vineta no xornal La Región, do pasado 24 de febreiro, con dous dos significados anteriores.
0 comentarios