Blogia
vgomez

AXUDAS PARA MERCAR LIBROS PARA O CURSO 2010-2011

AXUDAS PARA MERCAR LIBROS PARA O CURSO 2010-2011

No vindeiro curso 2010-2011, que está a piques de comenzar, continuará o sistema de préstamo de libros de texto, como en pasados cursos, en secundaria, pero pola aplicación do decreto do plurilingüismo, hai unha serie de textos que hai que cambiar como son os das materias de matemáticas, tecnoloxía e física e química que se impartiran en castelán e que o IES non pode prestar, xa que non están nese idioma.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocará nos vindeiros días a orde de axudas para a adquisición de libros que cambian de idioma, e que só afecta a matemáticas, tecnoloxías e física e química, para os estudantes de 3º e 4º de primaria, así como os catro cursos de secundaria, e poderán solicitarse a partir do 1 de setembro.

As familias poderán presentar as solicitudes para optar ás axudas no mes de setembro nos centros docentes sostidos con fondos públicos nos que estean matriculados os seus fillos e fillas, presentando unha solicitude diferente por cada un dos nenos.

Os centros tramitarán as solicitudes no momento da matrícula ou posteriormente. Os formularios tamén poderán obterse a través do apartado de gratuidade solidaria de libros de texto- plurilingüísmo no enderezo web http://www.edu.xunta.es.

O sistema informático recuperará de forma automática os datos asociados ao NIF do solicitante, e que constan na base de datos informática da Consellería de Educación. Co fin de axilizar o proceso, e unha vez estea introducida a solicitude, este ano o sistema permite a xeración dun vale por cada alumno ou alumna beneficiario.

O centro educativo entregará os vales ás familias, que poderán con el adquirir os libros e material escolar no correspondente establecemento, á súa libre escolla e polo importe máximo que figura no documento. Unha vez entregados os materiais, os establecementos presentarán as facturas na Xefatura Territorial da Consellería de Educación en cada provincia, para que lles sexa ingresados os importes correspondentes aos vales tramitados.

O obxectivo deste sistema é que as familias non teñan que desembolsar contía algunha polo importe das axudas, facendo máis fácil ademais os pagamentos, ao se reducir considerablemente o número de transferencias bancarias que ten que facer a Consellería. Por outra banda, a xeración automática dos datos da familia polo sistema informática simplifica considerablemente o labor dos centros educativos, elemento fundamental no proceso de tramitación das bolsas.

0 comentarios