UNHA NOVA FORMA DE VIDA
A revista Science publica que científicos de EEUU, aínda que a autora principal é de procedencia cubana, atoparon unha nova forma de vida capaz de alimentarse e incorporar o Arsénico , un veleno para calquera ser vivo, o que rompe o paradigma actual da bioloxía.
Ata agora calquera forma de vida estaba composta por seis elementos principais que confiren as propiedades da vida: carbono, hidróxeno, nitróxeno, osíxeno, xofre e fósforo.
A nova forma de vida é unha bacteria encontrada en Mono Lake, California (EEUU), pertencente ao xénero das Halomonas, unhas bacterias que viven en ambientes salinos. Trátase da primeira forma de vida capaz de vivir e incorporar nas súas moléculas vitais, tales como proteianas ou ADN, o arsénico no lugar do fósforo.
A investigación, levada a cabo por científicos da NASA, abre novas portas na búsqueda de vida fóra do noso planeta.
FONTE: El Mundo
0 comentarios