INFORME PISA

O alumnado galego mellorou os seus resultados no último informe PISA (Programa para a Avaliación Internacional de Alumnos), realizado pola OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvementoarro Económico) en 2009, e que proporciona resultados globais e niveis de rendemento en comprensión lectora, como materia principal, e nas competencias matemática e científica, como materias secundarias. A avaliación realizouse en 54 centros e participaron nela 1.585 alumnos.
Deste xeito, tal e como se desprende dos resultados feitos públicos o pasado martes, Galicia sitúase por riba da media española en comprensión lectora, cunha puntuación de 486 puntos, 7 máis ca no informe de 2006, e 5 máis que os 481 da media española. Nesta principal competencia analizada, e respecto das demais Comunidade Autónomas españolas, a galega sitúase no grupo nun grupo intermedio, xunto co País Vasco, Asturias, Cantabria e Murcia.
O informe Pisa 2009 analiza tamén, de forma secundaria, as competencias científica e matemática. En referencia á científica, Galicia obtén unha puntuación de 506 puntos, coa que se sitúa no grupo de cabeza, xunto coas Comunidades de Castela e León, A Rioxa, Navarra, e Madrid. Ademais, neste eido o alumnado galego obtén uns resultados 18 puntos por riba da media de España e 5 puntos superior da media da OCDE. En competencia matemática Galicia obtén 489 puntos, 6 por encima da media do Estado, e nun grupo intermedio no que tamén están Asturias, Cantabria, Cataluña e Murcia.

0 comentarios