Blogia
vgomez

NOITE DE REIS

NOITE DE REIS

 

Chegou a noite de reis, a noite máxica para uns e para min, coma sempre, a "noite da ilusión".

De todos é sabido, pois sempre o dixen, que eu creo nos Reis. Si... certo que creo. De neno, como a maioría, tiña a ilusión dos agasallos que me esperaban ao día seguinte. Non eran moitos, pero eu quitáballe bo partido, pois coa imaxinación dun neno calquera xoguete era fantástico: os coches movíanse sen pilas, os indios falaban e atacaban, os xerifes detiñan a todos os culpables...

Hoxe sigo tendo esas mesma ilusión. Que sería de min sen ilusión? Que sería do meu traballo?, da miña familia? A ilusión é o que nos move a seguir ante as dificultades.

Penso que estamos perdendo a ilusión como persoas individuais e como país e así van as cousas. Uns exemplos: a lusión  no traballo fainos facelo con gañas, con entusiasmo e ser máis productivos; na nosa familia a ilusión fainos máis unidos, axúdanos a prosperar...

Por eso nesta noite  pídolle aos Reis ILUSIÓN. Seguramente esa ilusión materializarase en cousas que eu preciso e que todos necesitamos.

Afrontemos a vida con ilusión! Feliz noite de Reis.

VICTOR

0 comentarios