AUTORIDADE "DE SEU"
A continuación plasmo, polo seu interese, o artigo de opinión de Manuel-Luís Casalderrey (Catedrático de Física e Química), publicado no xornal "La Voz de Galicia" do pasado día 6, sobre o anteproxecto da Lei de Convivencia e Participación, no referente a autoridade do profesor e o acoso escolar e outros comportamentos indebidos do alumnado.
A min gustaríame que os profesores fosen respectados pola sociedade, sen necesidade de que unha lei os converta en autoridade. A moi nobre profesión de ensinar e formar, aínda que encadrada no sector servizos, debería ter a consideración social que corresponde ás persoas que, xunto coas familias, estruturan as mentes, inculcan valores e hábitos de nenos e adolescentes que marcarán o camiño e o comportamento dos adultos do futuro. Non me gustaría que os profesores exercesen a súa autoridade con porra, esposas e pistola, como sintetiza Leandro no seu debuxo de La Voz. Gustaríame ser a autoridade á que os alumnos se dirixen respetuosamente e pola que se levantan cando entro en clase. Tamén á que as familias recoñecen pola contribución á formación dos seus fillos.
En canto á regulación por lei do acoso escolar e outros problemas de comportamento indebido dos discentes, só pido axilidade na resolución dos conflitos. Non é nada conveniente que un alumno expulsado da práctica totalidade das clases polo seu comportamento inadecuado siga no centro sine díe porque a superioridade paralizou o procedemento sancionador e cando chega a sanción xa non terá a ejemplaridad da inmediatez.
Outro aspecto ao que se refire o anteproxecto de lei é a vestimenta nos centros. Creo que, na maioría dos casos, é unha proxección de como vístese na sociedade. Non importa tanto o veo como os vaqueiros raídos, ata entre os docentes.
0 comentarios