UNHA XERACIÓN PARA A EMIGRACIÓN
Parece que estou lembrando ás épocas na que parte de miña familia (tíos e padriños) marcharon cara Francia, Alemaña, Suíza... E agora, case 50 anos despois acontece cunha xeración de mozos e mozas, sobradamente cualificados, entre os 28 e 40 anos, que parecen ser destinados ao mesmo destino.
Esta xeración, a denominada "milesuristas", formada por licenciados, con idiomas e cursos fóra de España, con masters e doutorados, que no mellor dos casos gañaban 1.000 €, vivindo fóra da casa, pagando alquiler,... Non te plantexes casarte nin ter fillos! Moitos deles foron ao paro nestes últimos meses pois os recortes tamén chegan á Universidade e a Investigación.
No mellor dos casos, como o caso que me toca en carne propia pois é a miña filla, marchar fóra de Galicia, a Bilbao, onde hai varios colegas dela, e noutros parace que terán que ir a Alemaña ou así din as informacións destes días.
Unha pena! Moito traballo por parte deles, inversión por parte dos pais e tamén, que hai que dicilo, polo Estado, e para que?
Coñezo un caso próximo onde o único que atopou un doutor é marchar para EEUU, e loxicamente a súa moza foi tamén deixando un posto no País Vasco pois non había para os dous.
Galicia segue a senda da emigración, pese a quen lle pese!
Este é o tema tratado na viñeta de Davila (Faro de Vigo, 01/02/2011) que o reflicte pefectamente. Espero que pronto recuperemos a estes moxos-as, aínda que peor o van ter os veñen detrás e nesete caso vólveme tocar de novo de preto, a miña segunda filla.
Que Deus nos axude!
0 comentarios