ESCHERICHIA COLI
Mostra de polvo de vidro sodocálcico, eficaz contra o E. coli /Imaxe: Antonio Xoubanova
Esta semana pasada moito se falou da Escherichia coli. Pero que é? É unha bacteria común que vive nos intestinos de animais e humanos. Existen moitas cepas de E. coli, inofensivas na súa maioría, aínda que existe unha variedade, E. coli 0157: H7 que produce unha potente toxina (Shiga) e pode ocasionar enfermidades graves como a Síndrome Urémica Hemolítica, que pode acabar cun fallo renal.
Ao parecer, a infección de Alemaña pode ser debida á cepa 0104: H4, que é moi parecida á 0157: H7 e que causa asimesmo enterocolitis.
Os brotes prodúcense a miúdo cando a bacteria chega aos alimentos destinados ao consumo humano. A carne de gando vacún acontece ser a principal fonte de infección, sobre todo a picada e a que non se cociña o suficiente. O microorganismo tamén pode atoparse nas ubres das vacas e chegar ao leite que non sexa pasteurizada.
Os vexetais crudos que fosen cultivados ou lavados con auga contaminada ou que entraran en contacto con feces de animais infectados (ou ben con fertilizantes naturais) poden tamén ser portadores da bacteria. Pode atoparse tamén na auga potable, lagoas ou piscinas con augas residuais. Propágase tamén se as persoas non se lavan ben as mans despiois de ir ao baño.
Como consellos oara protexernos da bacteria: Cociñar ben a carne picada a temperaturas superiores aos 70º C e, no caso das verduras, realizar un lavado correcto das mesmas se se van consumir sen cociñar (sumerxéndoas en lexivia propia para estes casos ou nun producto específico para hortalizas). É importante manter a carne cruda separada dos outros alimentos. Débese lavar con auga quente e xabón as superficies que se usen na cocina e nunca servir a carne cociñada no prato onde estivo antes de pasala polo lume.
Por certo, científicos do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) desenvolveron un producto biocida composto por polvo de vidro que demostrou ser implacable con bacterias como a que estamos comentando. Ao parecer é fácil de obter, económico e o máis importante, non é tóxico para a saúde nin para o medio ambiente.
FONTE: El Mundo
0 comentarios