Blogia
vgomez

CABANA DE BALIEIROS

CABANA DE BALIEIROS

 

Hai uns días, unha compañeira de traballo, Olga, deixoume este libro. Nun primeiro momento pareceume, polo seu formato, un comic, pero cando escomencei a lelo mudei totalmente de opinión. "CABANA DE BALIEIROS" é o título da primeira novela gráfica de Tokio (Alfredo López Fernández, Vigo 1964, o ano dos xogos olímpicos de Toquio).

Cabana de Balieiros é unha vila imaxinaria, sen dúbida inspirada non nunha senón en varias localidades da Costa da Morte, nos tempos en que aínda quedaban baleas nos nosos mares. Esta vila e das que agochan segredos. Moitos deles son misterios que levan e traen as mareas. Algúns afúndense, e outros saen á superficie cando ninguén o espera. Un novo párroco chega á vila, e atópase cunha igrexa abandonada e un mundo que lle descubrirá as historias que fermentan na terra, fillas do salvaxe vento que trae o mar. Unha terra de costumes ancestrais, onde os máis puros instintos humanos xeran o ritmo da vida e marcan o propio destino dos seus habitantes, e levan algúns ao naufraxio da súa propia alma.
Unha historia que, con certa intriga, achéganos ao contexto social do século XIX, desde a mirada dun autor que, fundamentalmente e por riba de todo, é un defensor da natureza e ten alma de mariñeiro.

Merece a pena lela e vela!

0 comentarios