HUMOR: VOTACIÓNS

O día das votacións chegou, pero tal como recolle a viñeta de El Roto (Andrés Rábago García) no xornal El País, servirán para certificar un "cadaver político" asociado a un dos partidos maioritarios que previsiblemente perderá as eleccións. Ao día seguinte asistiremos ao seu "funeral". O gañador pagará un alto prezo pois terá por diante un traballo inmenso que provocará a contestación social ante os recortes previsibles que terá que aplicar.
Que Deus nos pille confesados!
0 comentarios