O ACEITE DE ARGAN
Aceite de argan / Imaxe:prlog.org
Coñecemos moitos tipos de aceites. O ouro líquido ou aceite de oliva, aceite de xirasol, aceite de millo..., pero aceite de argan? O caite de argan é o ouro líquido de Marrocos.
O argan (Argania espinosa), coñecido tamén como acebuche espiñento pertence á familia das sapotáceas, de folla coriácea, flores pequenas e amarelas, e froito como un dátil verdiamarelo, de lentísimo crecemento tarda de cinco a seis anos en dar o seu primeiro froito.
Atópase en Marrocos, en toda a franxa que vai ata Tarourudant e Tiznit, no límite sahariano. Tamén se encontra en certas zonas de México e uns poucos exemplares en Andalucía. Medran en zonas de altitud e non superior a 800 metros, en clima seco. As súas raíces son profundas, ata 10 metros de profundidade, polo que aguantan ben cun par de boas chuvias ao ano. En tempo excesivamente seco perde as súas follas, evitando a excesiva transpiración, para volvelas a recuperar coas primeiras chuvias.
Os foitos desta árbore, de onde se extrae o aceite, que empezan a madurar coas primeiras calores de xuño, recóllense tradicionalmente dunha maneira moi orixinal: recoléctanas as cabras. Cando o pasto escasea, as cabras sóbense ás árbores para comer as súas follas, os seus brotes tenros e os seus froitos. Pola noite, os animais empezan a rumiar, cuspindo os ósos dos froitos, grandes como bellotas e duros como almendras, que o pastor recolle. Outro método é recollelos de debaixo da árbore cando estes caeron maduros e deixalos secar, pelalos e sacar o óso.
Cada óso tense que partir, contendo 3 pipas do tipo das cabazas. Tóstanse ata que comencen a ennegrecer, machácanse e móense ata que unha mel opaca e espesa empeza a chorrear pola boca do muíño. Ten a consistencia dunha crema de sésamo. Durante unha semana descansa nun lugar fresco e escuro ata que se seque. Fórmanse bolas que se apretan ata que empeza a escurrir, pouco a pouco, aceite desta pasta semiseca. O aceite é lixeiro e transparente, máis lixeiro e dixestivo que o de oliva, de cor marrón claro e sabor forte e agradable.
O aceite de argan é o aceite máis caro do mundo, polo que tamén é chamado o ouro liquido de Marrocos. A botella de aceite de argan extra virxe 20 cl. pode chegar a custar a friolera de 17€.
Está composto ata nun 80% de ácidos grasos esenciais (ácido linoléico 50 %, ácido alfalinolénico 15 %, ácido oleico 12 %, ácido araquidónico 1 %, ácido gammalinolénico 3 %) e contén grandes cantidades de tocopheroles (vitamina E) (case tres veces máis que o aceite de oliva) e phytosteroles (D-7steroles). É apreciado polo seu efecto anti-aging pola gran cantidade de antioxidantes e os seus poderes curativos. Ademais ten efectos antiséptico e funxicida.
É aconsellado para reducir os niveis de colesterol e previr enfermidades cardiovasculares. Tamén se utiliza en casos de esterilidade masculina e feminina e cando hai perigo de aborto. Existen populares preparados fortalecedores e tonificantes para nenos, persoas débiles e convalecentes, que usan como base este aceite.
Os dermatólogos recomendan este aceite porque alivia as queimaduras do Sol e para combatir enfermidades dermatolóxicas como a neurodermite e a psoriaxe. Na cosmetoloxía moderna aplícase o aceite de argán na pel polo seu efecto rexenerativo.
En resumo é un aceite multiúsos: é unha peza nutricional, reúne ventaxas sobre outras enfermidades (hipertensión, perfil lipídico sanguíneo) e tamén utilízase en cosmética.
0 comentarios