INVERNO
Inverno / Imaxe:sweet-song.tumblr.com
Hoxe, xoves 22 de decembro, ás 6 horas e 30 minutos, hora oficial peninsular, comenza o invierno no hemisferio Norte, segundo o convenio astronómico. Esta estación, a máis curta do ano dende hai algúns séculos, durará 88 días e 23 horas. Aa primavera chegará o día 20 de marzo de 2012.
O inicio das estacións ven dado, por convenio, por aqueles instantes no que a Terra se atopa nunhas determinadas posicións na súa órbita ao redor do Sol. No caso do invierno, esta posición dase no punto da eclíptica no que o Sol acada a súa posición máis austral. O día no que isto sucede, o Sol alcanza a súa máxima declinación Sur (-23º 27’) e durante varios días a súa altura máxima ao mediodía non cambia, e por iso, a esta circunstancia chámaselle tamén solsticio (“sol quieto”) de invierno. Neste instante no hemisferio sur comenza o verán.
Por estas datas dase tamén o máximo acercamento anual (perihelio) entre a Terra e o Sol. Nesta ocasión, será próximo día 5 de xaneiro de 2012, sendo a distancia de algo máis de 147 millóns de quilómetros, uns 5 millóns menos que no momento de afelio ou de maior distancia (5 de xullo de 2012).
0 comentarios