ÚLTIMO TRAMO

Hoxe retomamos as clases e comenza a 3ª Avaliación, que durará ata o día 22 de xuño, venres, no que rematarán as clases oficias. Os días 25, 26 e 27 serán as avaliacións e o día 28 a entrega de notas.
Neste trimestre temos como descanso:
- 1 de maio, martes. (Día do Traballo)
- 17 de maio, xoves. (Día das Letras Galegas)
- 18 de maio, venres. (Día non lectivo escollido polo Centro)
A empezar con ánimo!
0 comentarios