U-LOS CARTOS?
Esta viñeta de Erlich (Bernardo Erlich, Tucumán-1963) que publicaba onte o xornal El País, plantexa con certeza a situacion de moitas familias que depositaron os seus cartos en bancos e caixas, aconsellados polos directivos desas entidades, e que agora vense atrapados e sen cartos. Recorda a unha situación que pasou en Arxentina, hai algúns anos, coñecida como "corralito" e que aquí denomínanse PREFERENTES.
Falta de seriedade? Posiblemente, pero a situación é dramática en moitos casos pois son os aforros de toda a vida e que agora, tal como está o país, precísanos xa.
Economicamente e politicamente precisan dunha solución xa!
0 comentarios