OS MODELITOS QUE LEVAREMOS AOS XOGOS OLÍMPICOS!
Uniforme de España nos Xogos Olímpicos de Londres / Imaxe:deportesonline.com
Cando vin nos medios de comunicación as fotografías dos uniformes que van levar os nosos representantes nos próximos Xogos Olímpicos de Londres, pareceume algo ridículo. Pero tamén pensei que podía ser unha impresión só miña, polo que indaguei, nos xornais e nas redes sociais. Parece que non era eu só. Comentarios de todo tipo: "Deseño desafortunado", "Chándal choni", "Menuda horterada"...
E de quen saíu esta marabilla? Pois como non temos empresas do téxtil en España, ímonos fóra, á empresa rusa Bosco Sport , que por certo tamén viste a Rusia e a Ucrania. Vaia forma de promocionar a marca España!
Ese rito típico no fúbol de intercambiar camisetas ao final non sei como será, ou si, pois igual é o momento de facerse con algo único para conservar nun museo.
Algúns dos nosos olímpicos publicaron xa fotografías co seu uniforme. É o caso do piragüista de K2 Saúl Craviotto, que comenta xunto á súa fotografía "En casa probándome la ropa de los JJOO!yo mejor no opino, os lo dejo a vosotros... "
0 comentarios