Blogia
vgomez

O QUE LLE PODE PASAR Á TERRA

O QUE LLE PODE PASAR Á TERRA

Recreación artística do planeta "devorado" pola súa estrela / E.M

Por primeira vez, un equipo internacional de astrónomos logrou detectar indicios dun cataclismo cósmico como o que podería acabar coa Terra nun futuro aínda moi lonxe: un planeta "devorado" pola súa propia estrela.

Este podería ser o destino final dos planetas do noso Sistema Solar, cando o Sol se convirta nunha xigante vermella e acabe expandiéndose ata alcanzar a órbita da Terra dentro duns 5.000 millóns de anos. Así o afirma un estudo da Universidade de Penn State (EEUU), na que participa unha investiadora española da Universidade Autónoma de Madrid, publicado en "Astrophysical Journal Letters".

No estudo indican que lograron este descubrimento buscando planetas na contorna de BD+48 740, unha estrela "envellecida" que se transformara en xigante vermella, co telescopio Hobby Eberly, en Texas.

O primeiro que chamou a atención dos científicos é que esta estrela tiña unha cantidade anormalmente alta de litio, un elemento que se creou fundamentalmente durante o "Big Bang" hai 14.000 millóns de anos. O litio destrúese fácilmente nas estrelas, e por iso aos investigadores sorprnedéulles atopar grandes cantidades deste elemento nunha xigante vermella como Bd+48 740. A súa interpretación é que a presenza de litio debíase precisamante a que a estrela "engulira" un planeta.

O outro indicio deste "banquete" cósmico foi atopar un planeta na contorna da mesma estrela cunha órbita moi elíptica. Os astrónomos sospeitan que este insólito fenómeno é tamén unha consecuencia do planeta "devorado" pola estrela, que provocou unha especie de "efecto boomerang", un estoupido de enerxía que provocou a excéntrica órbita.

 

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios