O CONGO GALEGO ESTÁ EN PENOUTA
Como profesor, estivén destinado en A Veiga e en Viana do Bolo (1980-1981), ámbalas dúas localidades na provincia de Ourense. Lembro que nesta última localidade, fixen unha saída co alumnado ás Minas de Penouta, situadas aproximadamente a 11 km.
As Minas de Penouta pasaron por varios propietarios, o último foi RUMASA, do coñecido Ruíz Mateos, que despois da súa expropiación (1983) foi abandoada. É unha explotación de casiterita (SnO2.Mena do estaño) e tantalita ((Fe,Mg,Mn)Ta2O6) do que se obtén o tantalio ou tántalo).
Recentemente lin na prensa que unha empresa canadiense Pacific Strategic Minerals, que traballa a través da súa filial española, Salamanca Ingenieros S L, localizou nesa mina importante reserva de tantalio. Ata quí era previsible, salvo por unha razón: este material, non renovable, xunto co columbio (tamén chamado niobio) do coltan (onde a República Democrática do Congo é a productora do 80% mundial) é moi valorado (192€/kg) para o seu uso na novas tecnoloxías:teléfonos móbiles, GPS, satélites artificiais, televisores de plasma, videoconsolas, ordenadores portátiles, PDAs, MP3, MP4, etc.
Segundo informacións publicadas nos medios de comunicación, a citada empresa solicitou permiso á Xunta de Galicia para aproveitar o material de estaño, que aínda contén a mina, e extraer a precida tantalita. So hai un problema, a zona está localizada nun espazo protexido, con forte valor ambiental.
Poderase conxugar o respecto pola natureza e a explotación da mina (que aportaría riqueza e traballo para azona)? Co tempo atoparemos a resposta!
0 comentarios