MELLOR VÍDEO CIENTÍFICO DO ANO PARA UNHA INSTITUCIÓN ESPAÑOLA
Por unha vez, a ciencia española coouse nos "Oscar" da ciencia de EUA. Un vídeo divulgativo sobre a simulación en tres dimensións do funcionamento dun corazón humano realizado na Barcelona Supercomputing Center (Centro Nacional de Supercomputación) resultou o gañador do Concurso Internacional de Visualización de Ciencia e Enxeñaría, organizado pola revista "Science" e pola National Science Foundation de Estados Unidos.
A película, chamada Alya Red: A computational heart (Alya vermella: un corazón computacional), non só gañou o premio absoluto na categoría de vídeo, senón que tamén foi o traballo máis votado polo público. Pero non se trata só dun traballo divulgativo, senón que detalla o funcionamento real dunha ferramenta (baseada nun modelo computacional pioneiro) para simular o funcionamento do corazón humano.
Os científicos que forman parte do proxecto poden hoxe en día simular modelos ventriculares procedentes de xeometrías reais. É dicir, poden estudar pacientes individuais con problemas cardíacos caso a caso, o que supón un gran paso adiante cara á medicina personalizada.
Parabéns!
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia
1 comentario
Santi Roman -