Blogia
vgomez

EXPONATUR AGORA NA GUARDA

EXPONATUR AGORA NA GUARDA

Cartel anunciador de Exponatur en Tui, onde estivo do 2 ao 23 deste mes.

Mañá mércores, 27 de marzo, ás 20,30 horas, na Casa dos Alonso, inaguráse a exposición de natureza EXPONATUR, que estivo durante 21 días en Tui.

Trátase da maior exposición organizada por ANABAM  nos case 30 anos deste colectivo, estando baseada nos traballos desenvolvidos por esta asociación a prol da natureza.

No apartado máis didáctico, pódense descubrir as pegadas dos animais; xogar a identificar as bolboretas da comarca ou recoñecer, polo tacto, os froitos que tocamos; mesmo orientar un toro dunha árbore segundo a disposición dos aneis de crecemento. No apartado de reciclaxe, móstrase a recuperación e reutilización de diversos obxectos utilizados polos mariñeiros, pero tamén se dá a coñecer o tempo que precisan distintos materiais que desbotamos, para degradarse. Nesta mesma sección, móstranse algúns xoguetes feitos con materiais recuperados.

 A exposición poderase visitar ata o próximo 27 de abril, abrindo tódolos días, de 10,30 a 13,00 horas e de 16,30 a 20,30 horas.

Merece a pena visitala!

FONTE:galiciasuroeste.info

0 comentarios