A DOR E O SUFRIMENTO
Dor e dufrimento / Imaxe:grupopadelmochileroreflexiones.blogspot.com
Quen non sufríu ou tivo dor nalgun momento da vida? Hai algunha medida da dor ou baremo do sufrimento? Realmente o aguante da dor e do sufrimento vai relacionado coa natureza de cada persoa?
Para ferlexionar sobre este tema propóñovos as seguintes frases:
A primeira é do escritor e teólogo francés Fénelon: "O sufrimento depende non tanto do que se padece canto da nosa imaxinación, que aumenta os nosos males"
A segunda é do psiquiatra Francis J. Braceland: "A dor que non se desafoga con bágoas pode facer que sexan outros órganos os que choren"
A terceira é do historiador italiano Cesar Cantù (1804-1895): "A dor ten un gran poder educativo; fainos mellores, máis misericordiosos, vólvenos cara a nós mesmos e persuádenos de que esta vida non é un xogo, senón un deber"
E a última do poeta rumano Valeriu Butulescu (1953):"Debes sufrir se queres coñecer o alivio"
0 comentarios