A IA (INTELIXENCIA ARTIFICIAL)
A intelixencia artificial (IA) é a base a partir da cal se imitan os procesos da intelixencia humana. Ou, dito doutra forma, consiste en tentar que os ordenadores pensen e actúen como os humanos.
Como está, hoxe, e estará, no futuro, a nosa vida coa implantación da IA? Boa pregunta! Vexamos o que pensa xente que sabe desto mediante as súas frases:
A primeira é de Lawrence "Larry" Edward Page (East Lansing, Míchigan, 26 de marzo de 1973), enxeñeiro de sistemas e empresario. Cofundador de Google.
“Un dos nosos grandes obxectivos é facer unha procura que realmente comprenda exactamente o que quere, que comprenda todo no mundo. Como informáticos, chamamos a iso intelixencia artificial “.
A segunda é de Timothy Donald Cook (Mobile, Alabama, 1 de novembro de 1960), actual director executivo de Apple Inc.
“O que todos temos que facer é asegurarnos de que estamos a usar a IA dunha maneira que sexa en beneficio da humanidade, non en detrimento de a humanidade”.
A terceira é de Mark Elliot Zuckerberg (White Plains, Nueva York, 14 de maio de 1984), programador e empresario estadounidense, un dos fundadores de Facebook.
“Sempre que escoito á xente dicir que a IA prexudicará ás persoas no futuro, creo que, en xeral, a tecnoloxía sempre se pode usar para ben e para mal e hai que ter coidado con como se constrúe. Estase argumentando en contra da IA, entón estase argumentando en contra de automóbiles máis seguros que non van ter accidentes, e estase argumentando en contra de poder diagnosticar mellor ás persoas cando están enfermas “.
E para rematar, a cuarta, de William Henry Gates III (Seattle, 28 de outubro de 1955), informático, magnate empresarial e filántropo estadounidense, cofundador de Microsoft.
“Creo que cando os computadores asuman certas tarefas, iso será difícil para nós. Pasará moito tempo antes de que as máquinas igualen aos humanos co tipo de xuízo que exercemos en moitas áreas diferentes … Creo que é un problema con solución – agora temos que evitar o cambio climático e solucionar outros problemas “
E ti que pensas?
FONTE: dail.es e es.wikipedia.org Imaxe: seguritecnia.es
0 comentarios