Blogia
vgomez

REFLEXIÓNS PARA ACADAR A FELICIDADE

O Dalái Lama / Imaxe: Instagram@dalailama

O actual Dalái lama (océano de sabedoría),líder espiritual do lamaísmo ou budismo tibetano, é Tenzin Gyatso (1935, 84 anos), proponnos algunhas reflexións para acadar a felicidade:

O home sorpréndeme, porque sacrifica a súa saúde para gañar diñeiro. Logo sacrifica o seu diñeiro para recuperar a súa saúde. Logo é tan ansioso sobre o futuro que non goza o presente; como resultado non vive no presente nin o futuro; o home vive coma se nunca fóra a morrer, e morre coma se nunca vivise”.

A maioría dos nosos problemas teñen a súa orixe no apego a cousas que de forma errónea cremos permanentes”.

O verdadeiro propósito desta vida é a felicidade, a cal é sostida por esperanza. Non temos ningunha garantía a futuro pero vivimos coa esperanza de algo mellor. Esperanza significa seguir tentándoo, pensar que se pode facer”.

Só existen dous días no ano nos que non podes facer nada. Un chámase onte e outro mañá. Por tanto, hoxe é o día ideal para amar, crecer, facer e vivir”.

Ás veces as cousas saen mal, iso é normal, pero temos un dito no Tíbet: ‘Nove veces fallas, nove veces volves tentar”.

Pensar que o futuro da humanidade solucionarase con rezos e pregarias relixiosas non é realista. Hai que tomar acción. Facer algo”.

Reflexións moi profundas!

0 comentarios