DÍA DA TERRA
Día da Terra, 22 de abril de 2022 / ucsp.edu.pe
Hoxe, e dende o 22 de abril de 1970, celebrase o Día da Terra, sendo unha boa ocasión para reflexionar sobre a situación do noso planeta e a imperiosa necesidade de restablecer o equilibrio ecolóxico perdido.
A primeira reflexión é de Gary Sherman Snyder (San Francisco, 1930), poeta e activista estadounidense.
“A natureza non é un lugar para visitar. É o fogar”
A segunda reflexión é Mahatma Gandhi (Porbandar, 1869 - Nova Delhi, 1948), líder pacifista indio.
“A terra prové o suficiente para satisfacer as necesidades de cada home, pero non a avaricia de cada home”
A terceira reflexión é de Thomas Fuller (Northamptonshire, 1609 - Londres, 1661), clérigo e historiador inglés,
“Nunca recoñeceremos o valor da auga ata que o pozo estea seco”
A cuarta e última, de Félix Rodríguez de la Fuente (Poza de la Sal, 1929 - Alaska, 1980), naturalista español.
“Hai que facer algo para protexer a unha Nai que non se queixa, que nos deu todo o que temos, e á que estamos a matar!"
O futuro da Terra está nas nosas mans!
0 comentarios