CORAXE
Coraxe / Imaxe: imgrum.me
A coraxe é esa forza moral que leva a acometer calquera empresa, a enfrontarse a un perigo ou dificultade. Imos hoxe reflexionar sobre esta forza a través de 6 frases célebres:
A primeira é de Nelson Mandela (1918-2013): "Aprendín que a coraxe non era a ausencia de medo, senón o triunfo sobre el".
A segunda é de George S. Patton (1885-1945): "A coraxe é medo sostido un minuto máis".
A terceira é de Eddie Rickenbacker (1890-1973): "A coraxe é facer o que tes medo de facer. Non pode haber coraxe a menos que teñas medo".
A cuarta é de Napoleon Bonaparte (1779-1821): "A coraxe non é ter a forza para seguir, é seguir cando non tes forzas".
E a última, a miña favorita, é de Walt Disney (1901-1966): "Todos os teus soños pódense facer realidade se tes a coraxe de perseguilos".
Teñamos coraxe no noso día a día!
0 comentarios