Blogia
vgomez

TARDIGRADO, UN BICHIÑO INDESTRUTIBLE

 

Pódelos ferver, conxelalos ata case o cero absoluto, deixalos sen comer durante décadas, arroxalos ao espazo ou desecarlos como uvas pasas que os osos de auga (tardígrados) seguirán vivos. Agora, un grupo de astrofísicos estimou que un deles, o Milnesium tardigradum, soportaría o impacto dun asteroide como o que acabou cos dinosauros, unha choiva de raios gamma ou a explosión dunha supernova. Só a morte do Sol acabaría con estes bichiños.

 Os tardígrados son un grupo dunhas 1.000 especies de animais microscópicos. Os máis grandes non miden máis de 0,5 mm de longo. Están alonxadamente emparentados cos artrópodos e atópalos en todos os ambientes da Terra onde haxa algo de humidade, como a película de auga sobre brións e liques. Pero algúns, como o M. tardigradum tamén poden vivir no máis profundo do mar. Non son organismos extremófilos xa que en condicións normais, a súa contorna non o é. Pero cando veñen mal dadas mostran un grao de resiliencia que aínda marabilla aos científicos.

 "Poden sobrevivir uns minutos a temperaturas tan baixas como -272º ou tan altas como 150º e a -20º durante décadas", indican os  astrofísicos. Tamén nos lembran que estes animais poden soportar unha presión de 1.200 atmosferas (o valor 0 equivale á presión atmosférica na Terra ao nivel do mar). Algunhas especies mesmo soportan a súa inmersión en disolventes. Ademais, varios estudos demostraron a súa capacidade para asimilar radiacións ionizantes de ata 6.000 grays (Gy). Para facernos unha idea, os tratamentos máis agresivos contra tumores de cando en cando pasan dos 100 Gy. "É unha radiación 1.000 veces máis elevada que a nós podería matarnos. Son realmente duros", engaden.

 É esa dureza a que suxeriu aos autores do estudo, publicado en Scientific Reports, usar ao M. tardigradum como punto de referencia para medir a resiliencia da vida e a posibilidade de que exista noutros planetas en condicións moi diferentes das da Terra.

FONTE: M. Angel Criado/Xornal El País/Ciencia

0 comentarios