ASÍ SERÁ O CURSO ESCOLAR 2013/2014
Carátula curso 2013-2014 / Imaxe:solarfeeds.com
Isto é o adianto do calendario escolar para o próximo curso 2013/2014:
Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional a impartición efectiva de clases realizarase do día 16 de setembro de 2013 ao 20 de xuño de 2014, ambos os dous inclusive.
Períodos de vacacións:
Nadal: desde o día 22 de decembro de 2013 ata o día 8 de xaneiro de 2014, ambos os dous inclusive.
Entroido: días 3, 4 e 5 de marzo de 2014.
Semana Santa: desde o día 14 ata o 21 de abril de 2014, ambos os dous inclusive.
Día do Ensino coa con sideración de non lectivo para efectos académicos celebrarase o 31 de outubro de 2013.
Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local, non coincidan con días de clase, os consellos escolares, poderán solicitar un ou dous días non lectivos.
Para información máis detallada preme AQUÍ.
0 comentarios