GLIESE 667C: A ESTRELA CON SEIS PLANETAS, DOS QUE TRES ESTÁN EN ZONA HABITABLE

Ilustración do ceo con tres soles visto dende un planeta do astro Gliese 667C. / ESO/M. Kornmesser
Arredor da estrela Gliese 667 C xiran polo menos seis planetas (que poden ser sete) e tres deles están no que os científicos denominan zona habitable porque nela os planetas poderían ter auga en estado líquido. Dous máis están máis preto do astro e outro máis lonxe desa franxa. Ademais, os tres da zona habitable son superterras, é dicir, planetas máis masivos que a Terra, pero menos que os xigantes Saturno ou Neptuno. É a primeira vez que se encontran tres planetas nesa franxa de habitabilidade dunha mesma estrela, explican os investigadores. Como Gliese 667 C forma parte dun sistema estelar triplo, no ceo alí locen tres, e a noite estará iluminada tanto como aquí con Lúa chea. O conxunto está a 22 anos luz da Terra, na constelación de Escorpio , o que se considera, en termos galácticos, a veciñanza solar, explica o Observatorio Europeo Austral (ESO).
O descubrimento foi presentado na revista Astronomy and Astrophysics.
FONTE: Xornal El país/Ciencia
0 comentarios