A AUGA EN ESPAÑA: SEIS CUESTIÓNS QUE SEGURO QUE NON SABES (II)
Pegada hídrica / Imaxe: acuerdos.cl
Imos coa segunda das seis peculiaridades do consumo de auga en España, que debemos coñecer para facer un uso máis racional e sostible deste ben tan escaso.
España é un dos países con maior pegada hídrica do mundo (adiantado só por Níxer, Bolivia, Estados Unidos e Portugal): 2.461 m3 de auga ao ano por persoa, segundo un estudo publicado en 2012 na revista científica Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS) e citado no blog Ecolab. Ideado en 2002 por Arjen Hoekstra, experto do Instituto UNESCO-IHE, e Pham Q. Hung Pham Q. Hung, físico da Universidade de Virxinia, o concepto de PEGADA HÍDRICA, de auga, ou pegada hidrolóxica, é similar ao máis coñecido da pegada ecolóxica, só que mide o volume de auga utilizada directa e indirectamente para a elaboración de produtos e servizos consumidos polos habitantes dun país ou territorio.
Non obstante, o consumo de auga doméstica por habitante en España descendeu nos últimos anos. Segundo os datos do estudo AEAS-AGA, mentres en 2002 o consumo de auga por persoa e día en España era de 150 litros, en 2012 era de 122 litros. A maior concienciación e a eficiencia na prestación dos servizos encóntranse entre as principais explicacións, segundo os responsables do estudo.
FONTE: Revista Consumer
0 comentarios