UN MORCEGO PESCADOR
O morcego patudo para alimentarse introduce as súas patas na auga e arrástraas ata dar coa súa presa / imaxe: A. ALBERDI
Ten un tamaño moi pequeno, non pesa máis de 10 gramos, pero as súas longas patas outorgáronlle o nome de “morcego patudo” (Myotis capaccinii). Para alimentarse introduce as súas longas extremidades na auga e arrástraas ata dar coa súa presa. Deste xeito non só caza insectos suspendidos na superficie, senón tamén pequenos peixes.
Ata agora, os científicos pensaban que o facían de forma esporádica durante o período estival. Grazas ás gravacións do morcego cazando durante a noite tomadas polo equipo de Ecoloxía e Evolución do Comportamento da Universidade do País Vasco, os biólogos demostraron que esta técnica de arrastre, denominada «trawling», utilízana para atrapar peixes durante todo o ano.
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios