AVES RARAS: O IBIS XIGANTE

O Ibis xigante / Imaxe: Omaliss Keo
O Ibis xigante (Thaumatibis gigantea) e un paxaro enorme, o membro máis grande da súa familia. Orixinario de Camboia, ten «un status case mítico» para os observadores de aves, naturalistas e conservacionistas debido á súa rareza e tamaño excepcional. Segundo explican dende o programa EDGE do ZSL , dedicado á conservación de especies, os lugares de hábitat deste ave reducíronse moito. Despois de ocupar vastas áreas de terra firme no sueste asiático, agora a poboación, moi diminuída, concéntrase en Camboia, con algúns exemplares en Laos e Vietnam. Xa extinta en Thailandia, crese que está ao bordo da desaparición noutros lugares. Está clasificada en perigo crítico, debido aos efectos da caza e a actividade humana.
FONTE: Xornal abc/ciencia
0 comentarios