PREMIO PRINCIPE DE ASTURIAS 2014 DE INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA E TÉCNICA
De esquerda a dereita, Avelino Corma, Mark E. Davis e Galen D. Stucky, galardoados este ano nos premios Principe de Asturias
O químico español Avelino Corma (Moncofar-Castellón, 1951) e os estadounidenses Mark E. Davis (Ellwood City-Pennsylvania, 1955) e Galen D. Stucky (McPherson-Kansas,1936) foron galardoados co Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2014.
As contribucións científicas e técnicas destes tres químicos abriron novas e importantes liñas de traballo que se sitúan nas fronteiras do coñecemento actual, con aplicacións en campos moi diversos como a redución de emisións contaminantes de vehículos e fábricas, a mellora dos alimentos, a depuración de augas, os procesos de refinado do petróleo e na industria química en xeral.
O químico español, Avelino Corma, é fundador do Instituto de Tecnoloxía Química (ITQ). Ten publicados máis de 900 artigos en revistas internacionais e é un dos oito químicos máis citados do mundo.
FONTE: fpa.es
0 comentarios