Blogia
vgomez

PREMIO PRÍNCIA DE ASTURIAS 2023 DE INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA E TÉCNICA

Jeffrey Gordon, Bonnie Bassler e Peter Greenberg

No corpo dunha persoa hai máis células bacterianas (38 billóns) que humanas (30 billóns), ata o punto de que algúns microbiólogos convidan a considerar o ser humano como un arrecife de coral poboado por billóns de seres minúsculos, no canto de como un organismo individual. Os investigadores estadounidenses Bonnie Lynn Bassler, Jeffrey Gordon e Peter Greenberg gañaron o Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2023 por iluminar este mundo microscópico e o seu robusto vínculo coa saúde humana.

As bacterias saben cantas compañeiras teñen ao redor grazas a un fenómeno coñecido como percepción de cuórum. Neste proceso, os microbios segregan sinais químicos coma se fose un censo e o grupo adopta un comportamento ou outro en función da súa densidade de poboación.  Estes tres galardoados foron os primeiros en entender os mecanismos desta forma de comunicación. É a vida social das bacterias.

Bonnie Lynn Bassler (Chicago, EE UU,1962) é bióloga molecular. Desde 1994, foi profesora na Universidade de Princeton. En 2002, foi galardoada cunha bolsa MacArthur. Desenvolve actividades académicas e científicas no Instituto Médico Howard Hughes.

Jeffrey I. Gordon (Nueva Orleans, Luisiana, EE UU, 1947) Biologo pola Universidade de Oberlin, Ohio, licenciouse en Medicina pola Universidade de Chicago en 1973. Tras concluír a súa formación clínica en Medicina Interna e Gastroenteroloxía e realizar unha estancia de investigación postdoutoral nos Institutos Nacionais da Saúde, en 1981 incorporouse á Universidade de Washington en San Luís (Misuri, Estados Unidos), na que permaneceu desde entón.

Everett Peter Greenberg (Nueva York, EE UU, 1948) profesor de Microbioloxía da Universidade de Washington.

Parabéns!

0 comentarios