Blogia
vgomez

A CIENCIA É HUMANISTA

 

Ciencia e humanismo deberían ir da man na educación, desde a máis tenra infancia”, salienta o historiador da ciencia José Manuel Sánchez Ron. Licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade Complutense de Madrid e doutor pola Universidade de Londres, Sánchez Ron é catedrático emérito de Historia da Ciencia na Universidade Autónoma de Madrid.

Entre os premios que recibiu destacan o Premio Nacional de Ensaio (2015) e o Julián Marías á carreira científica en Humanidades da Comunidad de Madrid (2016). Membro da Real Academia Española desde 2003, é tamén académico numerario da Académie Internationale d’Histoire deas Sciences de París, e académico correspondente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. É autor de máis de 80 títulos de divulgación científica, entre os que destacan ‘Marie Curie e o seu tempo’, ‘O xardín de Newton’, ‘O poder da ciencia’ e ‘Querido Isaac, querido Albert’. Este último é unha bela recompilación de cartas escritas por algúns dos máis renombrados científicos e científicas da historia.

0 comentarios