UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN NA PROCURA DA SOLUCIÓN I
Apuntando cunha pistola / Imaxe:laorquesta.mx
Edward de Bono en 1967 acuñou o concepto de pensamento lateral ( Método de pensamento que pode ser empregado como unha técnica para a resolución de problemas de xeito imaxinativo). Este prestixioso psicólogo maltés leva defendendo máis de trinta anos o fomento da creatividade para alcanzar o éxito. Para el "ser intelixente non é sinónimo de saber pensar ben".
Nesta sección preséntanse algúns dos retos máis coñecidos de pensamento lateral formulados polo experto británico Paul Sloane .
O reto de hoxe é: O HOME DO BAR.
"Un home entra nun bar e pídelle ao camareiro un vaso de auga. O camareiro axeónllase buscando algo, saca unha arma e apúntao ao home que lle acaba de falar. O home di grazas e vaise. Por que o fai?"
Empregade a imaxinación para atopar a solución!
A solución o próximo día, e outra proposta.
FONTE: Xornal ab/ciencia
1 comentario
paideleo -