CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2014/2015
O DOGA de onte, publicou orde do 13 de xuño de 2014 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2014/15 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Os datos máis salientables son:
- Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional a impartición efectiva de clases realizarase do día 15 de setembro de 2014 ao 19 de xuño de 2015, ambos inclusive.
- Períodos de vacacións:
Nadal: desde o día 22 de decembro de 2014 ata o día 7 de xaneiro de 2015, ambos inclusive.
Entroido: días 16, 17 e 18 de febreiro de 2015.
Semana Santa: desde o día 30 de marzo ata o 6 de abril de 2015, ambos inclusive.
- Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos o 31 de outubro de 2014.
- Días non lectivos: 23 de setembro e un día a propoñer polo Consello Escolar.
Para coñecer polo miúdo o contido completo do calendario escolar do próximo curso, preme AQUÍ.
0 comentarios