UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN NA PROCURA DA SOLUCIÓN VII

Recén nacido / Imaxe:pequebebes.com
Antes de nada, a solución ao reto VI (MORTE NO CAMPO): O home saltara dun avión cun paracaídas que non se abriu. Ese era o paquete que tiña ao seu lado.
E agora unha nova proposta, outro problema: PROBLEMAS COS FILLOS
“Unha muller tivo dous fillos que naceron na mesma hora do mesmo día do mesmo ano. Pero non eran xemelgos. Como pode ser?”
Lembrade que a técnica para a resolución destes problemas é de xeito imaxinativo.
Dentro duns días, a solución e outro novo problema!
FONTE: Xornal abc/ciencia
0 comentarios