PARO E DESEMPREGO
Cola na oficina de emprego / Imaxe:economiaplana.com
Hoxe, o tema de reflexión é sobre algo que por desgraza aféctanos a todos, directamente ou indirectamente (familia, amigos…). Falo do PARO E O DESEMPREGO.
A primeira das frase é da narradora e poeta uruguaia Cristina Peri Rossi (Montevideo, 1941): “Na sociedade actual estar no paro é como estar enfermo, síntoma dalgunha escura falta: impotencia, debilidade, mala sorte, ineficacia. Se non podo comprar, non existo".
A segunda corresponde ao que fora presidente dos Estados Unidos entre 1981 e 1989, Ronald Wilson Reagan (1911-2004): “Recesión é cando o teu veciño queda sen emprego; depresión é cando o perdes ti”.
A terceira é do escritor e articulista Juan Cueto Alas (Oviedo, 1942): "Cando o fracaso se mide polo paro, é lóxico que o triunfo se anuncie pola dilapidación".
Para rematar, unha frase a aplicar, se se pode. É do historiador, crítico social e ensaista británico Thomas Carlyle (1795-1881): “Benaventurado aquel que atopu traballo; que non pida máis”.
0 comentarios