O CEO DO MES: OUTUBRO 2014
No mes de outubro temos dúas eclipses, uha se Lúa e outra de Sol / Imaxe:dlbrasil.no.comunidades.net
1 de outubro: Cuarto Crecente.
8 de outubro: Lúa Chea. Eclipse total de Lúa. Non visible dende o noso país.
15 de outubro: Cuarto Minguante.
23 de outubro: Lúa Nova. Eclipse parcial de Sol. Non visible dende o noso país.
26 de outubro: Cambio de hora, horario de inverno.
Chuvia de meteoros: Dracónidas, actividade dende o 6 ao 10 de outubro, con máximo o día 8. Táuridas Sur, actividade dende o 10 de setembro ao 20 de novembro, con máximo o 10 de outubro. Delta-Aurígidas, actividade dende o 10 ao 18 de outubro, con máximo o día 11. Epsilon-Xemínidas, actividade dende o 14 ao 27 de outubro, con máximo o día 18. Oriónidas, actividade dende o 2 de outubro ao 7 de novembro, con máximo o 21 de outubro. Leo Minóridas, actividade dende o 19 ao 27 de outubro, con máximo o día 24.
0 comentarios