Blogia
vgomez

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Un ano tras outro comprobamos que a violencia de xénero segue sendo a principal causa de morte entre as mulleres de entre 15 e 44 anos en todo o mundo, por diante da suma das mortes provocadas polo cancro, a malaria, os accidentes de tráfico e as guerras.

A violencia de xénero foi e segue sendo un delito invisible, oculto en demasiadas ocasións por unha aparente felicidade conxugal. Para decatarnos da gravidade da situación debemos remitirnos ás cifras: 1 de cada 7 mulleres ten sufrido algún tipo de violencia física ou psíquica ao longo da súa vida, 603 millóns de mulleres e nenas viven en países onde a violencia doméstica aínda non é considerada delito, polo menos 1 de cada 4 mulleres sufriron violencia de xénero durante o embarazo, ao redor de 60 millóns de nenas no mundo son obrigadas a casarse con menos de 18 anos, concretamente en España, no que vai de ano, 51 mulleres faleceron ás mans das súas parellas... Só 11 presentaran antes denuncia. Feitos que nos deixan xeadas e que evidencian que aínda queda moito por facer. Aínda que son cada vez máis as mulleres que se atreven a poñer nome e apelidos á violencia doméstica, o número de mulleres que calan é moi superior ao das que se atreven a falar. O medo, a insuficiente protección e o escaso amparo que reciben por parte da lei son algunhas das causas principais que paralizan as vítimas.

A violencia de xénero ou violencia machista contra as mulleres é unha manifestación da desigualdade existente entre aqueles e estas.

Os malos tratos aparezan cada vez en idades máis temperás.

É por iso que cada 25 de novembro ten lugar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cos obxectivos de concienciar e erradicar este grave problema que é unha eiva para a sociedade.

0 comentarios