DÍA MUNDIAL DA PAZ
Mohandas Karamchand Gandhi / Imaxe:biography.com
Hoxe, venres, día 30 de xaneiro, celebrase o Día Mundial da Paz. Nesta data conmemorase o asasinato de Gandhi (Mohandas Karamchand Gandhi), personaxe que destacou por ser un líder da non violencia curiosamente nunha loita revolucionaria (caso único de tódolos tempos).
Aproveitaremos este motivo para reflexionar sobre a NON VIOLENCIA que practicou, por medio destas seis frases, das moitas que nos deixou:
"Ollo por ollo, e o mundo acabaría cego"
"O que se obtén con violencia, soamente se pode manter con violencia"
"A felicidade consiste en poñer de acordo os teus pensamentos, as túas palabras e os teus feitos"
"A máis atroz das cousas malas da xente mala é o silencio da xente boa"
"Crer en algo e non vivir para iso é deshonesto"
"Máis vale ser vencido dicindo a verdade, que triunfar pola mentira"
Practiquemos a non violencia na nosa vida diaria!
0 comentarios