Blogia
vgomez

POLA IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES: UN SOÑO IMPOSIBLE?

 

"UN SOÑO IMPOSIBLE", ese é o título deste vídeo de animación foi realizado polas Nacións Unidas en colaboración con Kratky Films de Praga, no que se ilustra o día a día dunha muller ama de casa, nai e traballadora. O filme mostra tamén como afecta este modelo de familia ao tipo de educación impartido aos nenos, perpetuándose así este modelo de conduta.

O motivo deste artigo é a celebración hoxe, 8 de marzo, do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. A primeira celebración do Día Internacional da Muller Traballadora tivo lugar o 19 de marzo 1911 en Alemania, Austria, Dinamarca e Suiza, e o seu conmemoración veuse estendendo, desde entón, a numerosos países. En 1977, a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) proclamou o 8 de marzo como Día Internacional polos Dereitos da Muller e a Paz Internacional.

Na nosa man está conseguir ese soño!

0 comentarios