Blogia
vgomez

O PANGOLÍN EN PERIGO

 

O pangolín, que antes era considerado familia do oso formigueiro, o preguiceiro e o armadillo, pertence á orde taxonómica Pholidota, e os estudos xenéticos indican que está máis emparentado cos mapaches e as pandas xigantes que con outros animais aos que se asemella.

Os pangolíns, que furgan nas árbores ou escavan túneles, teñen unha visión pobre pero un bo olfacto para detectar insectos e unhas poutas potentes para extraelos da terra. A súa longa lingua é pegañenta e pode atrapar centenares de formigas dunha tacada. As súas orellas péchanse para impedir que lles entren formigas. Ao igual que as mofetas, os pangolíns poden emitir un olor nauseabundo cando se senten ameazados.

A carne de pangolín é considerada unha exquisitez nalgunhas rexións de China, onde cre que nutre os riles. Na medicina tradicional utilízanse escamas de pangolín, que, ao igual que as uñas humanas, están feitas de queratina, para tratar enfermidades da pel e outras afeccións. O comercio do animal ten unha longa historia: en 1820, o rei Jorge III de Inglaterra recibiu unha armadura fabricada con escamas de pangolín.

Pero a demanda de pangolíns e, con ela, a caza deste animal, aumentou drasticamente nas últimas décadas. A caza furtiva non só se intensificou no sueste de Asia, senón tamén en África, segundo TRAFFIC, unha organización que controla o comercio de animais salvaxes.

Cada ano, os axentes de alfándegas requisan miles de pangolíns e centenares de quilos de escamas, a miúdo camuflados como outros produtos.

Os pangolíns figuran no Apéndice II da convención como animais que aínda non corren o risco de extinguirse, pero poderían correlo. WildAid e outras organizacións sosteñen que os pangolíns deberían pasar a formar parte do Apéndice I, que prohibe calquera comercio.

Un futuro incerto!

FONTE: Xornal El País/Ciencia

0 comentarios