Blogia
vgomez

CONCURSO ANUAL DE FOTOGRAFÍA "NATIONAL GEOGRAPHIC" (I)

CONCURSO ANUAL DE FOTOGRAFÍA "NATIONAL GEOGRAPHIC" (I)

Foto de Francisco Negroni / Imaxe: Xornal El País/Ciencia

A edición do concurso de fotografía National Geographic Photo Contest xa está en marcha, e as inscripcións xa están abertas.

A imaxe que acade o primeiro premio será publicada na revista National Geographic, e o gañador recibirá 10.000 dólares (8.900 euros) e unha viaxe ás oficinas centrais da publicación en Washington (EE UU) para participar no seminario anual de fotografía que cada año organiza a revista.

Ao longo de varios días presentareivos algunhas das fotografías candidatas. Hoxe é a do fotógrafo chileno Francisco Negroni.

Un dos momentos máis violentos da erupción do volcán Calbuco (Santiago de Chile) o pasado 23 de abril. Despois de máis de 40 anos inactivo, expulsou máis de 200 millóns de toneladas de cinzas e supuxo a evacuación de máis de 2.000 persoas.

0 comentarios