AS ÁRBORES MÁIS GRANDES DO MUNDO
Hypersión e a á arbore de Tule / Imaxe: tatuy.net e flordeipe.com
A árbore máis alta do mundo é un “Hyperión”, unha árbore orixinaria de California pertencente á familia das Secuoias. Concretamente trátase dunha Sequoia Sempervirens (secuoia vermella ou secuoia de California), especie que foi descuberta en 2006 por dous excursionistas no Parque Nacional Redwood, ao norte de San Francisco (California).
A Hyperión é máis de 20 metros máis alto que a estatua da liberdade de Nova York (EE.UU.) Mide 115,55 metros de altura e non para de medrar. Calcúlase que posúe uns 526.69 metros cúbicos de madeira e uns 700-800 anos de antigüidade. A súa localización exacta non foi revelada publicamente para evitar que o tráfico de turistas poida alterar o ecosistema no que habita este xigante natural.
Respecto á árbore co diámetro de tronco máis grande do mundo (14.05 metros de diámetro), a Árbore do Tule (Taxodium mucronatum) cunha circunferencia de aproximadamente 58 metros e unha altura de 42 metros. Descoñécese a súa idade pero podería ter máis de 2.000 anos. Na sombra desta magnífica árbore caben aproximadamente 500 persoas. Está localizado no atrio da igrexa de Santa María del Tule en Oaxaca, México.
FONTE: Revista Muy Interasnte/Sarah Romero
0 comentarios